Precisamos permiso para proxectar películas no cineclub da escola?

As películas de alugueiro e as compradas nunha tenda son exclusivamente para uso privado. Do mesmo xeito, pode gravarse da televisión só para un uso privado. Polo tanto, para a proxección dunha película nun uso distinto ao privado, como norma xeral, debe pedirse permiso, independentemente de como se adquirira a película.

As actividades dun cineclub non son un uso privado, senón unha proxección pública, polo que, para a proxección de películas, se precisa o permiso dos titulares dos dereitos.

Os permisos para proxectar películas poden solicitarse a EGEDA, sen prexuízo dos dereitos doutros titulares como SGAE ou DAMA, que terán dereito a ser remunerados.

More