Poden copiarse películas ou música para uso privado?

Para uso privado, poden facerse  copias das obras, sempre que as copias as realice unha persoa física e sen asistencia de terceiros. As copias que se realizan nun centro educativo para o uso docente non son un uso privado, segundo o previsto pola lei, polo que se precisa permiso. Copiar e subir unha obra a Internet non é un uso privado e tamén se precisa permiso se, por exemplo, se desexa colgar nun sitio web propio unha foto tomada ou un debuxo feito por outra persoa.

More