Citar ou cita directa

Unha cita directa significa escribir o texto orixinal ao pé da letra.

A cita directa márcase entre comiñas, ás veces o texto citado vai en cursiva. Unha cita directa é curta e só debe usarse se é preciso para comprender o texto orixinal.

Manuel di: «O plaxio é ilegal».

«O plaxio é ilegal», di Manuel.