12.8.2022

Obra en colaboración

Unha obra en colaboración é o resultado unitario da colaboración de varios autores. Por exemplo, un libro ilustrado pode ser unha obra en colaboración, unha composición musical na que un autor escribe a letra e outro compón a música. Para divulgar e modificar a obra requírese o consentimento de todos os coautores.