12.8.2022

Dereitos de propiedade intelectual

Os dereitos de propiedade intelectual son un campo do dereito que inclúe os dereitos de autor e os dereitos denominados conexos, veciños ou afíns.

Por outro lado, os dereitos de propiedade industrial protexen as creacións no ámbito da industria, como son as marcas, patentes, deseños, entre outros. Os dereitos de propiedade intelectual son dereitos exclusivos semellantes aos dereitos de propiedade, que protexen os resultados do traballo creativo.