Fontes de información

Ronaldo decatouse de que, nos libros de non ficción hai moita información axeitada para o proxecto.

«Como podo usar esta información?», pensa Ronaldo.

A

Podo copiar directamente frases boas dos libros no meu traballo.

B

Non teño nin idea do que podo facer.

C

Coas miñas propias palabras, podo escribir toda a información que atope nos libros no meu proxecto.

Elixe a opción que che pareza correcta.

Mal! Non se poden copiar os textos escritos por outras persoas, mais pódese escribir a mera información ou os datos que se atopen nos libros coas túas propias palabras.

Pista! Pódese usar a información no teu traballo sempre que se cite a fonte.

Si! Lembra citar sempre o libro que utilices e o seu autor como fonte de información.