Uso dun poema

No libro de poemas, hai un bonito poema escrito por Francisco de Quevedo. O nome do poema é «Un home de gran nariz».

Iris querería escanear o poema e engadilo ao blog da clase. Pode facelo?

A

Si pode porque os dereitos de autor non protexen a poesía.

B

Podes darme unha pista?

C

Si pode. O prazo de protección da obra rematou.

Elixe a opción que che pareza correcta.

Os dereitos de autor protexen todo tipo de obras, tamén a poesía.

Comproba a vixencia do prazo de protección.

Así é. Os dereitos de autor están vixentes durante a vida do autor e 70 anos despois da súa morte. Francisco de Quevedo morreu no ano 1645. Lembra indicar sempre quen é o autor, aínda que a obra se atope en dominio público.