Uso de fotografías

Un grupo de alumnos redacta un artigo da historia da escola para o blog da clase. Descobren unha colección de artigos e fotografías de hai 60 anos.

Teñen unha idea. As imaxes do primeiro ano da escola poden dixitalizarse como parte da historia da escola. Estará ben?

A

Por suposto. A escola estivo subscrita ao xornal e, por iso, poden utilizarse de calquera xeito.

B

Podes darme unha pista?

C

Se é obra fotográfica (obra artística, por exemplo, realizada por un fotógrafo profesional), a duración dos dereitos é de 70 anos tras a morte do autor.

Elixe a opción que che pareza correcta.

A subscrición ao xornal non te autoriza a dixitalizar nin a usar as imaxes do xornal sen permiso.

Comproba o prazo de protección da fotografía.

Se é unha mera fotografía (por exemplo, a que fas cos teus amigos nas túas vacacións), os dereitos de propiedade intelectual duran 25 anos desde que se fixo.