Uso de artigos de prensa

Un grupo de alumnos redacta un artigo da historia da escola para o blog da clase. Descobren unha colección de artigos antigos de hai 60 anos.

«A información dos artigos podería utilizarse para preparar a historia», di Ana.

Podería escanearse un artigo directamente como parte da historia?

A

Non poden copiarse artigos de prensa antigos porque a información dos artigos está protexida.

B

Podes darme unha pista?

C

Podes contar coas túas palabras os datos, feitos, acontecementos narrados nos artigos. O artigo tamén pode escanearse para o blog interno da clase.

Elixe a opción que che pareza correcta.

Incorrecto. Pode usarse a información, datos, acontecementos, etc., mais non se pode utilizar o artigo sen autorización. Tamén se poden escanear artigos para o proxecto con autorización da editorial ou unha licenza de CEDRO.

Os artigos xornalísticos tamén son obras protexidas por dereitos de propiedade intelectual.

Totalmente correcto se contas con autorización. Os datos, información, acontecementos narrados no artigo poden usarse sempre que escribas o texto coas túas propias palabras. O artigo tamén pode escanearse pola escola con autorización ou licenza de CEDRO. Lembra citar as fontes.