Proxecto de vídeo

Os alumnos deciden escribir o seu propio guión do vídeo do avance do libro que leran.

Fan a súa propia representación e grávase. No vídeo, tamén se engade música.

Os alumnos deciden publicar o vídeo no blog da clase, mais hai unha cousa que lles preocupa. Precísase permiso de alguén para publicar un vídeo no blog?

A

Non imos comezar a pedir permisos. Cando montemos o vídeo, poderá publicarse no blog da clase.

B

Vaia! Pregúntome como era isto. Podes darme unha pista?

C

Si, precísase o permiso dos autores e os intérpretes, así como o permiso de uso da música.

Elixe a opción que che pareza correcta.

O guión e a gravación están protexidos polos dereitos de autor. Precísase tamén o permiso dos intérpretes para publicar o vídeo. Para engadir música a un vídeo, precísase o permiso dos creadores da música.

Os traballos dos alumnos tamén están protexidos polos dereitos de autor.

Correcto. Precísase o permiso dos autores e intérpretes para publicar un vídeo. Para engadir música a un vídeo, precísase o permiso dos creadores da música.