Avance dun libro

Os alumnos leron un libro de historia do cine e montan un avance do libro no obradoiro da biblioteca.

Búscanse imaxes axeitadas para o contido do libro en Internet. Coas imaxes e a música móntase unha presentación multimedia. Os alumnos queren publicar o avance do libro no sitio web da Aula.

Poden usarse libremente todas as imaxes e a música dispoñible en Internet no teu traballo?

A

No avance do libro, poden copiarse imaxes feitas por ti ou que leven o símbolo da licenza Creative Commons. Para engadir música, precísase o permiso dos autores da música.

B

Podes darme unha pista?

C

As imaxes e a música doutros autores nunca poden utilizarse en traballos persoais.

Elixe a opción que che pareza correcta.

As imaxes e a música poden usarse se os permisos precisos están en regra. Lembra citar os nomes dos autores.

Comproba se as licenzas Creative Commons son aptas para este fin.

A utilización de imaxes e música é posible se se teñen os permisos necesarios dos autores. Ti tamén podes facer música e usar as túas propias imaxes.