Compartir música

Os alumnos levan conxuntamente un blog interno pechado da clase. Helena e Xosué deciden escribir unha recensión musical no blog.

«Credes que está permitido subir música a Internet?», pregunta a profesora aos alumnos.

A

¿Podería haber mellor publicidade para un grupo que o feito de que os seus temas novos poidan escoitarse en Internet libremente?

B

Nin idea. Podes darme unha pista?

C

Para subir música a Internet, precísase o permiso dos autores da música.

Elixe a opción que che pareza correcta.

Para subir música a Internet, aínda que sexa un blog interno da clase, precísase sempre o permiso dos autores da música.

Hai outras formas de escoitar música de Internet que non consisten en subir o disco do grupo a Internet.

Os artistas gañan a vida coa venda de gravacións e tocando a súa música. Coas descargas ilegais, o artista non gaña nada.