Letra dunha canción no blog

Lucía escoita música e anímase a escribir a letra da súa canción favorita no blog da clase.

Xosué pensa que para publicar a letra dunha canción en Internet é preciso ter permiso. Ten razón Xosué?

A

Si, precísase permiso.

B

Nin idea. Podes darme unha pista?

C

A letra dunha canción pode subirse a Internet sempre que a escribas ti e non se copie dunha páxina web.

Elixe a opción que che pareza correcta.

Para publicar a letra dunha canción, precísase o permiso do letrista. Incluso aínda que se trate do blog da clase. Lembra citar o nome do autor.

Con carácter xeral, calquera utilización dunha obra protexida, como a letra dunha canción, precisa autorización.

Precísase permiso do letrista para publicar a letra dunha canción en Internet. Tamén se considera copiar cando escribes o texto doutra persoa. Está permitido publicar a letra dunha canción no blog interno da clase con permiso do seu autor.