Elaboración dun proxecto

Os alumnos realizan o proxecto como unha presentación de diapositivas, á que ademais de imaxes e texto se lle engade son.

«Atopastes unhas imaxes e unha música estupendas, mais precísase permiso para usar imaxes e música?», pregunta a profesora.

A

No caso de imaxes illadas, poderán ser utilizadas no teu traballo escolar con base no límite de cita, se se cumpren os requisitos. Para engadir música, precísase o permiso dos creadores de música.

B

Podes darme unha pista?

C

Todo o que hai en Internet pode usarse con total liberdade para proxectos escolares.

Elixe a opción que che pareza correcta.

Ben. Lembra mencionar os nomes dos autores da música e as fotos no teu traballo.

Pista: Como norma xeral, precísase permiso para usar as obras doutras persoas mais, por exemplo, no caso de libros, revistas e xornais, o centro escolar pode contar con licenza de CEDRO.

Mal. Como norma xeral, precísase permiso para usar as obras feitas por outras persoas. Coa licenza de dereitos de autor para colexios, poden fotocopiarse e escanearse parcialmente libros, revistas e xornais, e distribuír esas copias entre os alumnos. Para engadir música de fondo a unha presentación de diapositivas, precísase permiso dos titulares de dereitos, tamén podes consultar a SGAE, SEDA, AGEDI e AIE.