Citas

Elisa está buscando información sobre os osos para o proxecto.

«Oes, aquí hai un fragmento de texto que quedaría ben para proxecto», ilusiónase Elisa.

«Mais, podo copiar ese texto directamente?», pregúntase Elisa.

A

Podo sacar pequenas citas de textos escritos por outras persoas para o meu traballo.

B

Podes darme unha pista?

C

Teño liberdade para facer o meu traballo copiando textos de libros e outros sitios.

Elixe a opción que che pareza correcta.

Ben! Poden tomarse citas de libros ou outros sitios, mais lembra mencionar o nome do autor e a obra ou o libro como fonte.

Pista! Os textos escritos por outra persoa non poden presentarse como propios.

Mal! Os textos redactados por outras persoas non poden copiarse, mais podes tomar un fragmento de texto a xeito de cita, análise, comentario ou xuízo crítico, sempre que o utilices cun fin docente ou de investigación.