Crítica de cine

Mateo fai unha crítica de cine. Escribe o texto el, mais copia imaxes da película de Internet.

Helena non está segura de se isto se pode facer. Está permitido copiar imaxes de Internet?

A

Claro que se pode, só é publicidade para a película.

B

Podes darme unha pista?

C

Precísase permiso para usar imaxes.

Elixe a opción que che pareza correcta.

Precísase permiso para utilizar imaxes.

Calquera uso dunha obra protexida, sexa total ou parcial, require, con carácter xeral, autorización. Pode haber límites, como o límite de cita.

Correcto. Para utilizar obras doutros autores, precísase permiso. Podes solicitar este permiso aos titulares dos dereitos ou á entidade de xestión de dereitos de propiedade intelectual que os represente.